Campus de Ourense
Obxectivo 1.
REVITALIZAR O CAMPUS
DA AUGA COMO UNHA NECESIDADE PRINCIPAL DO CAMPUS.
Compromisos:
·
Apoiar os grupos de investigación
que na actualidade traballan e desenvolven o seu quefacer investigador no Campus
e traballar nun plan de acción cos seus protagonistas.
·
Fomentar a colaboración con outras
institucións científicas e académicas para acadar a excelencia docente e
investigadora.
·
Promover as relacións
transfronteirizas entre a provincia de Ourense e o norte de Portugal en materia
de investigación.
Obxectivo 2.
programa de
doutoramento “Auga, sostibilidade e Desenvolvemento”.
Compromisos:
·
Propoñer solucións innovadoras
para facer atractivo o programa de doutoramento da Auga, Sostibilidade e
Desenvolvemento, especialmente no ámbito das bolsas de investigación.
·
Axudar á participación en
proxectos internacionais do persoal investigador implicado no programa.
·
Involucrar os poderes políticos
nas iniciativas promovidas polo programa.
·
Reforzar o programa como motor de
investigación que sitúe o Campus na vangarda do desenvolvemento sostible.
Obxectivo 3.
Reordenación de
TITULOS.
Compromisos:
·
Defender ante a Xunta de Galicia a
permanencia dos títulos que se imparten actualmente neste Campus, así como
estudar a posible implantación de novos títulos.
·
Estudar as necesidades dos títulos
para lograr un uso eficiente e equitativo dos espazos dispoñibles.
·
Revitalizar o Cuarto Ciclo, como
medida de aprendizaxe permanente ao longo de toda a vida.
Obxectivo 4.
Lograr unha
descentralización eficiente, no marco dunha estrutura coherente de toda a
universidade.
Compromisos:
·
Mellorar a estrutura actual da
Vicerreitoría para adaptala ás necesidades de xestión.
·
Desenvolver
liñas de actuación que converxan nunha verdadeira universidade dixital para
toda a comunidade do Campus.
·
Avanzar
na formación dun equipo de apoio aos centros e persoal investigador baseado na
eficiencia e eficacia.
·
Incrementar
o apoio da unidade técnica, así como da delegación dos servizos informáticos.
Obxectivo 5.
Acadar o recoñecemento
do Campus de Ourense como Campus inclusivo e saudable.
Compromisos:
·
Participar en convocatorias
nacionais e internacionais como a conxunta da ONCE e do Ministerio de
Educación, Campus inclusivo-Campus sen límites.
·
Fomentar a participación de
diferentes membros da comunidade universitaria coa implantación de plans de
formación, medios e apoio necesario para conseguir a adaptación técnica e
curricular, o fortalecemento de unidades e servizos para a atención á
diversidade e a conexión con axentes sociais que participen nesta tarefa de
integración.
·
Desenvolver un censo anual de
estudantes, PAS e PDI con discapacidade para permitir planificación e
programación de recursos e apoio personalizado.
·
Proporcionar atención
personalizada á comunidade universitaria con discapacidade, atendendo ás
necesidades colectivas de cada caso: estudantes (acceso, titores, adaptación
curricular), PDI (recoñecemento no POD, adaptación de materiais e tempos) e PAS
(axustes RPT, traslados, aplicación de guías específicas de saúde ocupacional).
·
Promover o acceso ao Campus de
Ourense de estudantes con discapacidade e fomentar e promover o éxito dos seus
estudos universitarios.
·
Integrar a diversidade funcional
no ámbito do traballo do Campus.
·
Eliminar barreiras arquitectónicas
e facer accesibles os edificios.
ObXeCtivo 6.
OPTIMIZACIÓN DE
SERVIZOS/espaZos PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA.
CompromisoS:
·
Xestionar
e remodelar os espazos e recursos xa existentes co fin de rendibilizar ao
máximo a súa utilidade e dar resposta ás demandas da comunidade universitaria
do Campus.
·
Ampliación dos espazos comúns
polivalentes para facilitar áreas de estudo individual e grupal dentro do Campus.
·
Ampliar e actualizar a dotación
deportiva como medio para promover hábitos saudables.
· Acordar coa administración local a comunicación
do Campus cunha liña de transporte propia cos puntos neurálxicos da cidade.
Obxectivo 7.
Promover a interacción
co COntorno empresarial e social, fomentando a cooperación entre as distintas
áreas do Campus de OurensE.
CompromisoS:
·
Promover a transferencia e
difusión dos resultados da investigación nos diferentes ámbitos científico,
tecnolóxico, humanístico e social.
·
Promover a realización de
proxectos transversais nos que colabore persoal investigador de distintos
ámbitos.
·
Desenvolver proxectos de
innovación nun ambiente de co-creación para a aprendizaxe, a docencia, a
investigación en cooperación coa industria e os axentes sociais da provincia.
·
Promover a creación de sinerxías
con empresas e institucións locais.
·
Apoiar a posta en marcha de
proxectos empresariais orixinados no noso Campus.
·
Incentivar aos membros da
comunidade universitaria que destaquen pola súa actitude emprendedora.
Obxectivo 8.
Promover a CAPTACIÓN
de estudantes e a inserción laboral dAS PERSOAS tituladAs.
Compromisos:
·
Realizar programas para atraer
estudantes excelentes nos diferentes graos do Campus de Ourense.
·
Fomentar as escolas de verán en
colaboración cos consellos locais para atraer estudantes de ensino medio da
provincia.
·
Apoiar a celebración de Foros e
Feiras de Emprego, que amosan o potencial dos títulos presentes no Campus de
Ourense.
·
Fortalecer os contactos cos
centros de formación profesional da provincia para promover a incorporación do
seu alumnado ao Campus.
·
Mellorar o deseño e o uso das
enquisas sobre a inserción laboral das persoas tituladas.