Saltar ao contido principal

Cidade do Mar - ETEA


ObXeCtivo 1.
converter a cidade do mar nun POLO de creación de coñecemento E RIQUEZA.

CompromisoS:
·       Recoñecerlle a este espazo singular a prominencia que todas as institucións demandan, unha vez finalizada a rehabilitación e equipamento do edificio Faraday como sede central do complexo científico, a través dos convenios xa asinados.
·       Promover a conversión da Cidade do Mar nun dos Hubs do programa “Galicia Innova 2020”, no que as industrias da automoción, o naval ou o incipiente sector da aviación non tripulada sexan os piares.
·       Buscar sinerxías con centros tecnolóxicos como poden ser Anfaco ou clústeres como o do sector naval, para que as actividades de investigación e innovación levadas a cabo teñan unha aplicación dentro dos sectores produtivos clave do sur de Galicia.

ObXeCtivo 2.
Promover a creación da UniversidadE de VERÁN da EuroRreXión nas instalaciÓns dA FUTURA CIDADE DO Mar.

CompromisoS:
·       Ofrecer unha oferta variada e atractiva que teña en conta todos os ámbitos do saber e o coñecemento.
·       Promover o debate en temas na fronteira do coñecemento de interese interrexional e internacional.
·       Buscar o patrocinio e apoio por parte da Deputación Provincial e do Concello de Vigo, así como doutras institucións e empresas locais, xa que así a Universidade de Verán se converterá nun referente da cidade.
·       Promover a adecuación integral da zona, incluíndo os xardíns e espazos verdes que rodean os edificios, co obxectivo de facer máis atractiva a proposta.

·       Unir a sede da Cidade do Mar coa Senda Verde pola antiga vía do tren entre Chapela e Vigo (unha vez cedida ao Concello) permitindo comunicar o centro mediante un paseo peonil e cicloturista, como parte da nosa aposta integral pola sostibilidade.

Comentarios