Saltar ao contido principal

Esther de Blas Varela



María Esther de Blas Varela é doutora en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela e profesora da Universidade de Vigo desde a súa creación en 1990. Impartiu docencia nos tres campus desta Universidade.

O seu currículo investigador, abrangue diferentes aspectos relacionados co medio ambiente que se poden encadrar en 3 liñas fundamentais: 1) Factores que regulan a dispoñibilidade de P no solo, 2) degradación de solos por con incendios forestais, erosión e hidrofobia e 3) xeoquímica de ecosistemas litorais en relación coa dinámica do metano. Ten participado en 19 proxectos de investigación e contratos con empresas ou administracións e o traballo realizado plasmouse en numerosas publicacións e participacións en congresos. Tamén colaborou na revisión de numerosos artigos científicos en revistas SCI, e na avaliación teses doutorais e proxectos de investigación locais, nacionais e estranxeiros.


No ámbito da xestión desempeña na actualidade o cargo de Directora delegada da E.U. de Enfermería de Ourense, tamén foi secretaria do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencia do Solo e membro electo polo sector de axudantes no claustro constituínte e consello de goberno, participando activamente nas comisións que elaboraron os primeiros estatutos da Universidade de Vigo.

Comentarios