Saltar ao contido principal

Extensión Universitaria


OBXECTIVO 1.
ConvertEr a extensión universitaria nun valioso recurso para poÑer en práctica a ResponsabilidadE Social da UniversidadE.

Compromisos:
·       Traballar a Extensión desde un "modelo integral de Extensión Universitaria", aquel que ve a Extensión desde a idea de universidade aberta, dinámica, crítica, desde a democratización do saber e baseado na función social da universidade. O noso modelo será altruísta, divulgativo, concienciador e vencellado tamén á empresa.
·       Orientar o noso modelo de extensión universitaria cara a un modelo que estea máis centrado nas necesidades sociais do seu contorno, establecer marcos de colaboración que permitan máis diálogo. Para que a Universidade de Vigo se proxecte máis e mellor e incida educativamente na sociedade mediante un intercambio de saberes. Desde H2040 consideramos que o modelo de extensión universitaria actual da nosa universidade constitúe unha acción cara á sociedade máis que unha interacción coa mesma. Unha universidade das persoas debe fomentar unha interacción en que se eliminen as xerarquías e se produza un intercambio de saberes e unha co-construción do coñecemento.
·       Deseñar e desenvolver accións educativas que integren docencia, investigación e a propia Extensión, a través de actividades e programas de aprendizaxe-servizo, entre outros.
·       Xerar proxectos de innovación social mediante a posta en marcha dun "Design Factory", Fab-Lab ou Makerspace por Campus. Espazos para a formación en STEAM, espazos de co-creación, de xeración de proxectos colaborativos interdisciplinarios. Espazos deseñados para facilitar novas formas de colaboración nun ambiente no cal equipos de alumnado, académicos, emprendedores, innovadores e outros expertos traballen en conxunto con empresas e comunidades baixo un mesmo teito.
·       Ampliar o catálogo de actividades deportivas e de actividades na natureza. Incrementar a participación do alumnado nas competicións de nivel autonómico e nacional así como a organización de probas deportivas interuniversitarias nos nosos Campus.
·       Apoiar a participación do alumnado nos equipos e-sport, incrementando a presenza feminina e a participación e organización de eventos interuniversitarios.
·       Crear lugares de encontro interdisciplinario que dean resposta ás inquedanzas e afeccións de todos os membros da comunidade educativa, tales como: cine club; club de lectura; club de viaxes, natureza e aventura; club de cociña e saúde...
·       Mellorar a difusión das actividades a través da web e das redes sociais.

OBXECTIVO 2.
Fomentar a realización de accións no rural galego e do norte de portugal.


Compromisos:

·       Apoiar a realización de accións de Extensión no rural galego e no norte de Portugal. A Universidade de Vigo debe devolverlle á sociedade de forma divulgativa o coñecemento e a cultura que contén, e tamén recoller todo o saber experto do rural que nos axudará a mellorar como universidade. Apoio ás actividades de "Ciencia cidadá", como a creación de Science-shops rurais, Science-trucks itinerantes...
·       Ampliar os convenios e patrocinios subscritos pola universidade en materia de Extensión Universitaria con outras institucións, colectivos e empresas.
·       Deseñar actividades do Campus-Camp para ser desenvolvidas no rural.

OBXECTIVO 3.
Considerar a Extensión universitaria deSde os principios da Inclusión E O DEseño UNIVERSAL.


CompromisoS:

·       Fomentar a participación activa de todo o alumnado no deseño e desenvolvemento do programa de Extensión. Nomeamento de alumnas/os como correspondentes culturais e sociais, como axentes de difusión das actividades de extensión universitaria entre a comunidade universitaria.
·       Deseñar un programa dando resposta á sensibilidade e as necesidades dos diferentes axentes que compoñen a nosa comunidade universitaria, apoiándonos na perspectiva de referentes internacionais de extensión.
·       Considerar a Extensión como lugares propicios para o diálogo e o intercambio interxeracional entre o estudantado do grao e o posgrao e o alumnado sénior das Aulas de Maiores. Creación do Programa Interxeracional da Universidade de Vigo, que incluirá conferencias, talleres e visitas culturais.

OBXECTIVO 4.
apoio ás aulas de maiores.

Compromisos:
·       Desenvolvemento de programas de envellecemento activo e solidariedade interxeracional.
·       Promover o aproveitamento do coñecemento sénior como servizo de valor engadido.
·       Emprender accións para facilitar a presenza de maiores do rural nas Aulas de Maiores,
·       Xerar programas e actividades artístico-culturais e deportivas lideradas polos maiores.
·       Implementar accións para superar a barreira dixital.

OBXECTIVO 5.
PÓr en valor os museos E O patrimonio histórico-artístico da Universidade de Vigo.

Compromisos:

·       Elaborar o "Mapa de espazos de interese cultural, científico e técnico da Universidade de Vigo" para a sociedade.
·       Crear a "Guía turístico-educativa da Universidade de Vigo" e un programa de visitas para colexios, familias e sociedade en xeral.

·       Mellorar a difusión destes espazos a través da web e das redes sociais.

Comentarios