Saltar ao contido principal

Internacionalización e Cooperación Internacional


Obxectivo 1.
Plan de Internacionalización da Universidade.

COMPROMISOS:
·       Deseñar un plan estratéxico de internacionalización que comprenda:
>   A internacionalización da institución.
>   A internacionalización das persoas.
>   A incorporación da internacionalización dentro dos procesos internos.
>   A internacionalización da docencia, investigación e transferencia.
>   A intensificación dos programas de mobilidade e cooperación.
>   A elaboración de ferramentas orientadas á internacionalización como a gobernanza e a transversalidade.
·       Deseñar un plan estratéxico de parcerías e as alianzas externas especialmente no que atinxa ás universidades do norte de Portugal. Débense fomentar acordos con outras universidades e impulsar os actuais dotándoos de contido e actividades.
·       Fomentar o uso de ferramentas de comunicación e promoción institucional no ámbito internacional.

Obxectivo 2.
mobilidade e internacionalización.

COMPROMISOS:
·       Considerar a mobilidade como unha peza clave da internacionalización.
·       Pór en marcha un Plan de Mellora da Atención ao Alumnado e o Profesorado Visitante internacional, con especial incidencia no momento da acollida.
·       Fomento da mobilidade da comunidade universitaria promovendo un sistema de incentivos e recoñecementos ao PDI e o PAS, pola importancia que estas actividades representan tanto a nivel institucional como persoal.

Obxectivo 3.
docencia e internacionalización.

COMPROMISOS:
·       Internacionalizar a docencia para facer a universidade atractiva ao estudantado internacional.
·       A internacionalización do doutoramento é imprescindible para a proxección da universidade polo que terá un tratamento específico.
·       Configurar unha oferta de mestrados deseñada cara á internacionalización e priorizar aquela oferta estratéxica para a Universidade de Vigo.
·       Fomentar a creación de titulacións conxuntas con universidades estranxeiras.
·       Deseñar un plan específico de captación de estudantes doutras nacionalidades para os Campus de Pontevedra e Ourense.
·       Potenciar a produción de materiais audiovisuais e a docencia virtual como instrumentos de captación internacional.
·       Establecer dentro da política de titulacións dobres e conxuntas con outras universidades, unha aposta decidida polos acordos con universidades estranxeiras.

Obxectivo 4.
investigaciÓn e internacionalización.

COMPROMISOS:
·       Potenciar a internacionalización da investigación e a transferencia de tecnoloxía o que debe reverter na mellora da posición da nosa Universidade nos rankings.
·       Promover e apoiar as colaboracións científicas dos grupos de investigación con outras institucións ou universidades de todo o mundo.
·       Fomentar a participación dos grupos de investigación en proxectos internacionais que ademais servirán como fonte de financiamento.
·       Mellorar e actualizar os procesos de retorno do estranxeiro e captación/retención de talento júnior e sénior.

Obxectivo 5.
cooperacion aO desENVOLVEMENTO e internacionalización.

COMPROMISOS:
·       Impulsar a cooperación ao desenvolvemento no ámbito da Axenda 2030 das Nacións Unidas que sirva, ademais, como fonte de financiamento (Banco Mundial, Unesco, FAO, WHO...).
·       Fomentar a transferencia tecnolóxica coa cooperación con institucións e empresas doutros países, como reforzo do seu valor e repercusión internacional.
·       Fomentar a cooperación dentro do espazo iberoamericano, tanto con redes coma con proxectos.

Obxectivo 6.
IMAXE dA comunidadE universitAria NO ESTRANXEIRO.

COMPROMISOS:
·       Recompilar a información necesaria para proporcionar unha información axeitada e actualizada das convocatorias, destinos, axudas, validacións, oportunidades... da nosa universidade.
·       Potenciar un plan de formación específica en idiomas para o persoal (PDI e PAS) que anime e axude á súa integración e participación na estratexia de internacionalización da universidade.
·       Fomentar a mellora nos rankings a nivel internacional, como ferramenta que permita visibilizar mellor a universidade no exterior, así como a súa reputación.
·       Elaborar Guías da Universidade en inglés, así como outro material audiovisual promocional.
·       Creación dun programa de embaixadores da Universidade de Vigo orientado a toda a comunidade universitaria.

Obxectivo 7.
Reestruturación e potenciación dos servizos.

COMPROMISOS:
·       Reestruturar os actuais servizos relacionados cos diferentes aspectos de internacionalización (mobilidade, proxectos, cooperación...) con base nos novos obxectivos que se identifiquen. Neste proceso incidirase na descentralización a nivel de Campus e centros e na dotación de recursos suficientes tanto humanos como materiais para reforzar as mobilidades e as relacións internacionais.
·       Crear un Centro de Benvida Internacional tanto para estudantes como para investigadoras/es estranxeiras/os.
·       Pór en marcha unha oficina de captación de estudantes internacionais.

·       Establecer un programa específico de formación en internacionalización para o PAS.

Comentarios