Saltar ao contido principal

Jesús Simal Gándara


Jesús Simal Gándara é catedrático da Área de Nutrición e Bromatoloxía na Facultade de Ciencias del Campus de Ourense da Universidade de Vigo.

Foi Primeiro Premio Nacional de Terminación de Estudos de Farmacia e Premio Extraordinario de Doutoramento da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela. Foi Profesor Titular en 1991 na Universidade de Vigo, onde é Catedrático de Universidade desde 1999. Lidera un grupo de investigación de referencia competitiva da Xunta de Galicia, ademáis do CIA3 (Centro de Investigacións Agro-Ambientáis e Alimentarias), formado por 10 grupos de investigación de diferentes áreas (botánica, fisioloxía vexetal, edafoloxía e química agrícola, bioquímica e bioloxía molecular, nutrición e bromatoloxía, biotecnoloxía, tecnoloxía de alimentos, reoloxía alimentaria, enxeñaría química, e química coloidal), e do Departamento de Química Analítica e Alimentaria na Universidade de Vigo.

Realizou estancias de investigación na Université de Paris-Sud (París, Francia), Universidade de Delaware (Newark, Estados Unidos), Fraunhofer-Institut für Lebensmitteltechnologie und Verpackung (Múnich, Alemaña), Central Science Laboratory (Norwich e York, Reino Unido), TNO-Voeding (Zeist, Holanda), PIRA - Packaging Industries Research Association (Leatherhead, Reino Unido) e no SIK - Institutet För Livsmedel och Bioteknik (Gotemburgo, Suecia). É editor de 6 libros nacionais. Publicou capítulos de libros en 10 nacionais e 15 libros internacionais. Dirixiu 15 teses de doutoramento e participou nunha grande cantidade de proxectos de investigación competitivos, sendo o investigador principal en 37. Ten numerosas publicacións en revistas científicas de prestixio internacional como se pode ver en:  

O grupo de investigación que dirixe está especializado en separacións cromatográficas (GC-MS e LC-MS), técnicas de bioloxía molecular, e proteómica; e investiga a distribución de contaminantes químicos orgánicos agrícolas e ambientáis na cadea de produción de alimentos, e na mellora da calidade sensorial e funcional de alimentos, con a mirada posta na cadea alimentaria cunha perspectiva global, integrando os aspectos ambientáis, agrarios e alimentarios cos de nutrición e saúde pública. O seu foco hoxe é no estudo de contaminantes orgánicos persistentes (POPs) desde o punto de vista da saúde pública (epidemioloxía, toxicidade de mesturas, metabolitos...), e no dos metabolitos secundarios en alimentos vexetais, explorando os mecanismos moleculares que xustifican a súa actividade.

Comentarios