Saltar ao contido principal

María Isabel Doval Ruiz




É titular de universidade e doutora en psicopedagoxía, foi subdirectora xeral de Universidades da Xunta de Galicia, membro do Comité de Dirección e Técnico da ACSUG e vogal do CONGACODE. Participou coma membro da Mesa do Claustro da UVigo e do Consello de campus de Ourense e foi directora e secretaria do departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación.

Imparte materias relacionadas coas novas tecnoloxías aplicadas á educación na Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense e da clases no Mestrado de Formación do Profesorado de Secundaria. Participa como avaliadora de proxectos en diversas convocatorias europeas de I+D+i. Ten experiencia na organización de feiras interuniversitarias, congresos internacionais sobre TIC e ensino, e sobre practicum e prácticas na universidade e na empresa. Dirixíu varios seminarios e accións formativas sobre igualdade de xénero e inclusión educativa e social. Participou en sete proxectos nacionais de investigación e noutros tantos europeos e foi profesora visitante en varias universidades europeas, de Asia Central e Norte de Africa. Nos últimos anos está interesada especialmente no estudo e divulgación de métodos e enfoques da investigación participativa, e en enfoques multi-actor para un mellor desenvolvemento das zonas rurais de europa. Participou en varios proxectos Jean Monnet sobre deseño de programas e recursos TIC sobre cultura europea e coordinou proxectos Erasmus+ para a modernización das universidades extra-comunitarias no seu achegamento ao EEES.

Actualmente é a coordinadora do grupo de traballo da sectoral de CRUE Internacional e Cooperación sobre mobilidades e a coordinadora do grupo de traballo da Uvigo nun proxecto Horizonte Europa sobre desenvolvemento rural.


Comentarios