Saltar ao contido principal

Miguel Michinel




Doutor en Dereito pola USC e premio do Instituto Hispano-Luso-Americano de Dereito internacional, en 1996, á mellor tese en Dereito Internacional Privado, área que coordina nos campus de Ourense e Vigo desde 1994, actualmente, como Catedrático de Universidade do Departamento de Dereito privado da UVigo. Investigación especializada en litigación internacional, arbitraxe de investimentos estranxeiros e dereito de autor internacional, entre outros campos; con estancias no Max-Planck-Institut de Múnic (Alemaña), no Instituto de Dereito Comparado da mesma cidade, na Freie-Universität de Berlín, na Université Panthéon-Assas Paris II (Francia) e na Western Australia University de Perth. Árbitro da Corte de Arbitraxe da Cámara de Comercio Hispano-Portuguesa, foi vicedecano e decano da Facultade de Dereito, así como director dunha cátedra Jean Monnet sobre cooperación xurídica internacional na UVigo, da que é Secretario Xeral desde xuño de 2018.

Comentarios