Saltar ao contido principal

Mónica Valderrama Santomé




Profesora do departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14). Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (1996), Licenciada en Publicidade e RR.PP. pola Universidade de Vigo (1998), Doutora en Publicidade e RR.PP. pola Universidade de Vigo (2003) e Premio Extraordinario Doutoramento. 
Experiencia profesional en diferentes medios de comunicación galegos de prensa escrita e colaboradora das revistas Extradixital e The ConversationConta con múltiples publicacións científicas, monográficos, participacións en congresos, comités de redacción, revisión, coordinación de manuais e conferencias. Directora de tres teses doutorais e preto dun centenar de proxectos fin de carreira e grao, realizou estancias en centros estranxeiros nas universidades de Anahuac (campus Xalapa e Cancún), PUC-Minas Gerais (Brasil), Colima (México), Lumsa e Campobasso (Italia), Wroclaw (Polonia) e Zadar (Croacia). Obtivo sexenio de investigación en 2016. 
Desempeñou varios cargos de xestión: vicedecana de Calidade da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, coordinadora do Grao de Comunicación Audiovisual e directora do Máster de Dirección de Arte Publicitaria. Desde o 2018 desempeña o labor de vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais e é unha das responsables da Unidade de Cultura Científica e Innovación da Universidade de Vigo.
Pertence ao grupo de innovación docente ComTecArt dirixido polo profesor Antonio Pino de Enxeñaría das Tecnoloxías de Telecomunicacións e imparte diferentes materias dos títulos vencellados a comunicación e en producción publicitaria en medios audiovisuais dende o ano 2000. E é membro do grupo de investigación CP2 da Facultade de CC. Sociais e da Comunicación.
As liñas de investigación desenvolvidas van da análise e uso de medios virtuais, as novas tendencias en comunicación, creatividade en medios audiovisuais emerxentes, evolución da produción publicitaria, novos formatos, identidade corporativa, redes sociais; ata as novas tecnoloxías aplicadas á comunicación das organizacións.


                            

Comentarios