Saltar ao contido principal

O Persoal de Administración e Servizos


ObXectivo 1.
a política de persoal basEarASE na planificación, a negociación E A BUSCA DO CONSENSO.

CompromisoS:
·       Consideración dos procesos de negociación colectiva real como mecanismos básicos para a consecución de acordos de consenso en todos os aspectos relacionados co PAS. Neste senso, promover a creación, dentro das mesas de negociación, de comisións específicas para tratar problemáticas propias dos diferentes colectivos.
·       Planificar as necesidades de persoal a curto e medio prazo, co fin de poder definir unha política de persoal plurianual baseada nuns criterios claros, obxectivos e estables no tempo, e que estea fundamentada nos principios de igualdade, mérito e capacidade.
·       Aprobación anual de revisións da Relación de Postos de Traballo co fin de corrixir desaxustes e cubrir as novas necesidades de postos de traballo que poidan xurdir como consecuencia do plan de dixitalización da administración, novos procesos...
·       Establecer sistemas que permitan coñecer os niveis de satisfacción do persoal no referido ao ambiente laboral, traballo ou xestión dos recursos humanos, como medio de diagnóstico para guiar as políticas de persoal cara á mellora dos procesos e das condicións laborais.

Obxectivo 2.
Plan de promoción integral para o persoal funcionario e laboral.

Compromisos:
·       Tanto para o persoal laboral como funcionario: Establecer un modelo de carreira horizontal que permita incrementos retributivos sen ter que cambiar de posto ou destino.
·       Establecer un modelo de promoción vertical que considere tanto os cambios de escala como os de grupo profesional.
·       Estudar, nun prazo máximo dun ano, a funcionarización do persoal laboral, ou ben o establecemento dun modelo de promoción cruzada entre o persoal laboral e o funcionario.
·       Evitar a precariedade e a falta de estabilidade no emprego do persoal temporal, tanto laboral como funcionario.

ObXeCtivo 3.
Establecemento de criterios negociados, claros e estables no referente a MoBilidadE E traslados.

Compromisos:
·       Revisar e renegociar, naqueles casos que se considere necesario, as normas existentes sobre comisións de servizo, substitucións, mobilidade..., co fin de dotar o persoal dunhas normas estables, consensuadas e transparentes nestes aspectos.
·       Promover a mobilidade nacional e internacional do PAS con fins de formación, buscando as fontes de financiamento axeitadas para conseguilo.
·       Procurarase convocar dous concursos de mobilidade ao ano en función das necesidades existentes.
·       Negociar a posibilidade de establecer un tempo mínimo de permanencia nun posto de traballo antes de poder solicitar un novo traslado.

ObXeCtivo 4.
APROVEITAMENTO DO POTENCIAL DO PAS.

Compromisos:
·       Contar co PAS da Universidade de Vigo para a asunción de cargos unipersoais de dirección, xa que dispón da cualificación e experiencia necesarias para asumir estas tarefas.
·       Incentivar a proposta de medidas de mellora e de novos mecanismos de xestión por parte do PAS.
·       Promover que o PAS poida participar na xestión de contratos e proxectos de investigación e transferencia, recibindo unha remuneración se a convocatoria correspondente o permitir.

ObXeCtivo 5.
APOSTA clara pola formación.

Compromisos:
·       Pór en marcha mecanismos efectivos para identificar as necesidades formativas do PAS e proporlle á comisión de formación accións formativas orientadas a atender estas necesidades, a unha maior profesionalización e á promoción profesional.
·       Avaliar de xeito efectivo os resultados das actividades formativas levadas a cabo con vistas a establecer mecanismos de mellora continua das mesmas.
·       Deseñar un Plan de Formación Inicial, enfocado a cubrir as necesidades formativas que cada persoa necesita ao ocupar un novo posto de traballo.
·       Negociar un conxunto de actividades de formación orientadas á actualización de coñecementos no referente a novas tecnoloxías e administración electrónica.
·       Medidas efectivas para que todo o PAS poida asistir durante o seu horario laboral ás actividades de formación necesarias para a realización do seu traballo. Neste sentido  farase unha clara aposta polas metodoloxías de formación virtual. En todo caso  compensaranse todas as horas de formación presencial realizadas fóra do horario de traballo.

ObXeCtivo 6.
meLLoraR as CondiciÓns de trabaLLo do pAS como mecanismo para recuperar a motivación.

Compromisos:
·       Analizar o estado das diferentes áreas e servizos no referente á idade do persoal, co fin de dotar de postos de apoio aquelas unidades cunha porcentaxe elevada de persoal con idade próxima á de xubilación.
·       Implementar de maneira paulatina os Períodos sen Interrupción na xornada de traballo. Nestes períodos o persoal poderá concentrarse en determinadas tarefas do seu traballo xa que non se programarán reunións, non se poderá ser interrompido nin presencial nin telefonicamente, e evitarase calquera outra forma de interrupción.
·       Avanzar nas posibilidades de flexibilización horaria da xornada laboral, así como na implantación do teletraballo, aproveitando as posibilidades que a lei permite.

ObXeCtivo 7.
BENESTAR E Calidade de Vida.

Compromisos:
·       Mellorar a dotación dos programas de Acción Social e negociar a posibilidade de incorporar novas prestacións.
·       Mellorar as condicións de atención sanitaria da comunidade universitaria con, entre outras, as seguintes medidas: a procura de presenza de persoal sanitario de forma permanente nos Campus, cobertura cun seguro médico axeitado das posibles incidencias en viaxes ao estranxeiro ou facer dos Campus espazos cardioprotexidos.

·       Implantar programas integrais e efectivos de promoción de vida saudable e de vixilancia da saúde.

Comentarios