Saltar ao contido principal

Xestión e Administración Electrónica


ObXeCtivo 1.
ReduCión Da burocracia.

CompromisoS:
·       Crear unha Unidade de Innovación Administrativa encargada do proceso de posta en funcionamento da Administración Electrónica, así como de analizar e racionalizar os trámites e procedementos utilizados internamente pola universidade.
·       Definir mecanismos de diagnóstico que permitan detectar burocracia inxustificada nos diferentes procedementos internos da universidade.
·       Negociar coas diferentes administracións coas que a universidade realiza trámites con vistas a automatizar e simplificar as operacións, así como a estandarizar os formatos de intercambio de información.

Obxectivo 2.
Implantar a administración electrónica na Universidade de Vigo.

COMPROMISOS:
·       Elaborar unha normativa completa destinada a adecuar o funcionamento da Universidade de Vigo aos parámetros da administración electrónica, con particular atención á Lei 39/2015 de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e á Lei 40/2015, de 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público.
·       Identificar os diferentes responsables e as súas atribucións e obrigas específicas en termos de administración electrónica, por centros e por servizos.
·       Realizar actividades de formación para o persoal da Universidade de Vigo sobre os procedementos técnicos que se sigan no uso da administración electrónica.
·       Desenvolver, a través dos servizos informáticos propios, as ferramentas técnicas necesarias para garantir que a administración electrónica se faga realidade na Universidade de Vigo.
·       Crear sinerxías positivas co PDI da Universidade de Vigo relacionadas cos aspectos técnicos e xurídicos que implica a administración electrónica.
·       Proxectar a administración electrónica sobre o portal de transparencia, a xestión da garantía de calidade e dos orzamentos en xeral, para mellorar as súas condicións de uso e adaptalas aos desafíos e necesidades da universidade actual.


Obxetivo 3.
Crear a Sede Electrónica da Universidade de Vigo (SEDUVI).

COMPROMISOS:
·       Crear os mecanismos legais e técnicos que permitan o establecemento dun sitio electrónico na Universidade de Vigo que garanta a integridade, veracidade e actualización da información e servizos aos que se pode acceder.
·       Incorporar un certificado de dispositivo seguro na oficina electrónica que garanta a conexión segura da cidadanía aos sitios web oficiais, a autenticación de páxinas web da universidade, ou a consulta e autorización de rexistros de representación.
·       Garantir a sinatura dixital, mediante o uso dun certificado recoñecido, que incorpore un selo de tempo para autenticar a data de creación dos documentos, a xeración de probas electrónicas e, polo tanto, a xeración de dereitos e obrigas.
·       Designar como responsable da publicación da sede, coa finalidade de eliminar todo o que non sexa obsoleto, a Secretaría Xeral da Universidade.
·       Identificar o persoal autorizado para actuar en relación co uso de todos e cada un dos procedementos dispoñibles, así como o perfil de contratación da Universidade de Vigo nas actividades relacionadas coa Xerencia.
·       Crear un catálogo de procedementos electrónicos dispoñibles para PDI, PAS, estudantes e cidadáns en xeral, en relación coa carta de servizos que ofrece a Universidade de Vigo.
·       Implementar un rexistro e un taboleiro de anuncios electrónicos.
·       Integrar o Arquivo Universitario, que pasaría a depender funcionalmente da Secretaría Xeral.

Obxectivo 4.
Promover o uso da administración electrónica entre as persoas usuarias.

COMPROMISOS:
·       Pór en marcha os mecanismos necesarios para proporcionar os mesmos servizos e posibilidades de acceso en todos os Campus. Para iso, mentres a normativa o permita, crearanse subsedes electrónicas derivadas da principal nos Campus de Ourense, Pontevedra e Vigo-Cidade.
·       Preparar unha guía completa sobre o uso da sede e os seus aspectos técnicos que será accesible ao público en xeral.
·       Facilitar ao persoal da Universidade de Vigo o acceso aos dispositivos necesarios para o uso da administración electrónica.
·       Promover cursos de formación específicos para o PDI e o PAS nos tres Campus.
·       Incorporar unha sección separada específica sobre queixas e suxestións, dispoñible para as/os usuarias/os.
·       Restrinxir o uso da documentación en papel aos casos estritamente necesarios.

·       Promover unha xestión transparente da Universidade de Vigo nas súas relacións coas persoas usuarias do servizo.

Comentarios